miércoles, 3 de junio de 2020

Bos días a tod@s. Agardo que sigades ben e que as propostas de arts vos estean a parecer divertidas.

Hoxe tráiovos ideas sacadas da web do Natural History Museum, en Londres, un dos museos de historia natural máis espectaculares do mundo.

Dinosaur activities for families








miércoles, 20 de mayo de 2020

Lecturas de Corentena

Bo día a tod@s!

Aquí me tedes lendo un capítulo dun libro que me gusta moito para vós.
Agardo que vos guste, e pronto haberá máis lecturas! Están aloxadas no blog da biblioteca:  https://bibliooutes.blogspot.com/


viernes, 15 de mayo de 2020

MoMA New York

O MoMA (Museum of Modern Art) é unha das institucións relacionadas co arte moderno máis prestixiosas do mundo. 

Está cheo de obras dos artistas máis famosos, pero sabíades que teñen unha sección dedicada a ensinarlle a crear arte @s nen@s? 

Botádelle un vistazo e animádevos a ser artistas!





jueves, 14 de mayo de 2020

Tate Paint


Bo día a tod@s, déixovos un link que me gustou tanto que o poño no corpo principal do blog para que o vexades mellor. 

É un xogo de pintura aloxado na web para nen@s da Tate gallery, un dos museos de arte moderno máis prestixiosos do mundo.

Anímovos a explorar o resto da web de Tate Kids, é espectacular.



martes, 21 de abril de 2020

Bo día a tod@s.

Para que vos sexa máis cómodo buscar propostas, agora están divididas por cursos, na barra lateral da dereita: 1st grade, 2nd grade, etc.

Non quere dicir que non poidades explorar as doutros cursos, moitas son adecuadas para máis dun nivel. Divertídevos!

martes, 17 de marzo de 2020

Bos días a tod@s.

Hoxe quero adicar a entrada aos máis pequenos. Quero explicarvos un pouco o que facemos en plástica nas aulas de infantil por se queredes continualo na casa.

A metodoloxía que sigo c@s máis peques é moi libre. Na miña experiencia as súas ideas son mellores que as miñas ;) así que o que adoitamos facer é darlles material diverso (na aula faise por recunchos) para que el@s se movan libremente pola aula e experimenten.

Algúns exemplos:

Mesa de manipulación, con plastilina e ferramentas. Ás veces deixo un par de modelos a imitar (un gato, un caracol, unha cesta de ovos...), outras fano libremente.

Mesa de collage: con tesoiras, pegamento, trozos de cartolina de cores, páxinas de revistas, trozos de papel de agasallo... Para que recorten e peguen as súas composicións.

Cabaletes de pintura (pódese facer nunha mesa perfectamente) Se tedes papel contínuo ou folios A3, o gran formato gústalles moito, podedes usar pintura de dedos, témperas, acrílico, acuarela...
Se queredes darlle unha idea de que pintar, podedes, pero como comentei antes, creo que as súas mellores producións son as libres. Seguro que vos sorprenden!

Creación de minimundos:

Os bloques de construción e as figuras de animais, persoas, etc son materiais adecuados para isto.
Se tedes a sorte de ter finca, os mellores materiais son os naturais (pedras, poliñas, cortiza, piñas...)
Para evitar moito desorde, podedes utilizar se tedes unha caixa de madeira, unha bandexa grande con borde alto, etc para crear dentro o noso minimundo.
Podedes usar area, serrín, grava, etc para o solo.

Temas para a creación poden ser a granxa, a cidade, os diferentes ecosistemas (bosque, deserto, xungla, ártico...)

Papiroflexia:

Encántalles, pero a maioría de modelos de papel son bastante complicados para el@s. De todas maneiras, sempre poden decorar o papel co que vaiades traballas con rotuladores, ceras, pegatinas, acuarela... e despois facerlle vós a figura.
Dito isto, @s nen@s de 5 anos xa son bastante capaces de dobrar el@s mesm@s as figuras sinxelas. Moit@s poden perfectamente facer un barco ou un avión.

Agardo tervos axudado algo con estas ideas.

Apertas, Adrián.

Bos días a tod@s. Agardo que sigades ben e que as propostas de arts vos estean a parecer divertidas. Hoxe tráiovos ideas sacadas da web do...