Galería de traballos

Galería de traballos:

E para rematar, os traballos de Laura, de 3º que nos quedaran despistados! Perdón Laura e bo verán a tod@s!









Pedro de 3º non parou! Aquí nos manda unha selección de traballos.









 Brais fixo un espectacular volcán con Mentos e cola e montou un estudo de tatuaxe co seu irmán.






Carla, de 2º móstranos as súas manualidades, fixádevos que ben quedou a pintura para cristal nas botellas.


Carla e Hugo están feitos un/has alfareir@s!


Carlos seguiu o noso titorial para crear un Xira-xira, di que lle encanta!






Carmen quixo facerlle un agasallo de despedida ao profe de Arts. Grazas Carmen! Para o curso xa mo das e agradézocho como se debe.



Daniel, de 4º envíanos unha selección dos seus traballos, marcapáxinas, unha composición xeométrica e láminas do Natural History Museum. ROAR!








María Molinos de 6º recordou a importancia de Reutilizar nas súas manualidades.







Sara Caamaño ensínanos que con imaxinación, con calquera material se fai Arte.


Uxía mandounos un debuxo misturando a xeometría co deseño dun corazón.


Xiana tamén se interesou polo material que nos ofrece o Natural History Museum, felicidades Xiana, ese T-Rex de papiroflexia tivo que custar facelo!



Unha vez máis seguindo os tutoriais do Natural HistoryMuseum, Óscar fixo un volcán que entra en erupción de verdade!




Ainara de 4º fixo un mandala e unha composición de triángulos seguind as nosas propostas, bo traballo!



Alba de 6º segue a tope e enviou arte abstracto feito con fío. Parecen flores, verdade?





Claudia de 3º utilizou plantillas para crear fermosas composicións de animais.








David de 6º envíanos a súa homenaxe @s sanitari@s, un laborioso traballo de puntillismo e unha paisaxe a cera.





Antía de 2º inspirouse en Andy Warhol para facereste precioso mural:



Carlos de 3º móstranos o seu planeta imaxinario e unha frauta de Pan que fixo para Insua:



Julia de 5º non para e decorou un lapiceiro con pompóns.


Sergio traballou arreo estes días e quere ensinarnos as súas manualidades:







Carmen de 4º segue traballando e construiu un fermoso atrapasoños


Hugo de 1º non parou coas manualidades! Fixádevos o traballo que lle tivo que dar o peixe.




Julia de 5º móstranos dous traballos máis de xeometría



Manu e Elena non perden o tempo malia a calor





Xián de 3º decidiu que el podía perfectamente con esta tarefa de 5º


Xiana de 4º mándanos a súa familia de bonecos de neve e unha composición xeométrica con triángulos



Carmen móstranos o proceso de creación dunha pintura para o seu padriño







Alba de 6º estivo ocupadísima! Pintou unhas fermosas acuarelas, realizou a proposta baseada en Andy Warhol, ademais seguiu o noso videotutorial de youtube para facer o seu bote de sal, pero con sal grosa! Mirade que ben queda:






Lucía Luwei de 5º mándanos os seus debuxos, atentos á súa versión de Kandinsky:





Naiara de 5º lémbranos a importancia de coidar a Terra, non hai planeta B:



Javi de 4º e Leire de 6º enviaron as súas manualidades, unha fermosa cunca feita de serpentinas, copos de neve e un calendario semanal.





María Rial non se conformou con mandarnos fotos do seu traballo e enviou un vídeo!





Paula de 6º de Infantil e Martín de 2º fixéronnos chegar estas fotos do seu traballo no xardín e crearon a súa propia plastilina!:





Marta de 4º envíanos os seus marcapáxinas, unha homenaxe ás doutoras e doutores que nos coidan e unha mensaxe de ánimo:





Xiana, de 4º xa pode marcar con estilo onde vai en cada libro que ten (e son moitos!)




Gabriel de 2º móstranos un collage cos seus traballos de Pascua:


Antía de 4º fixo unha fermosa composición xeométrica e uns marcapáxinas ben graciosos:



Manu e Elena mándannos novos traballos, un cadro feito de madeira e cousas da praia e dous botes de sal de cores.




Brais de segundo e seu irmán Lois dannos ánimos:


Julia de 5º con estilo kawaii:






Cayetano de 4º ensínanos o seu atrapasoños e unha composición de triángulos:



Kiara de 1º estivo moi ocupada facendo preciosas manualidades!







Yeray de 5º mandounos a súa versión da rosa dos ventos:



Antía de 6º e Carlota de 1º fixéronnos chegar os seus traballos:





Daniela de 1º estivo traballando con acuarelas e decorando a súa propia camiseta:




Pablo Gandarela de 4º e Manu de 3 anos fixéronlle unha merecida homenaxe ós transportistas:








 Aitor de 4º mándanos unha paisaxe a cera blanda:




Aquí tedes a gran selección de traballos que fixo Antía de 2º:








Carla, de 2º envíanos tres exemplos do que estivo a facer estes días:




A rosa dos ventos de Ignacio, de 5º:


Naiara de 5º seguiu dous tutoriais dos vídeos que compartimos, aqui tedes o resultado:




Sabela de 6º fainos chegar un debuxo de ánimo @s nos@s sanitari@s e máis un agasallo do Día da Nai:




Este é o trofeo que confeccionou Sara de 4º para o gañador do torneo de escoba da súa casa:


Telmo de 5º mándanos un agradecemento ó persoal sanitario:



Rubén de 6º de infantil envíanos esta marabillosa montaxe agradecendo a toda a xente que traballa para protexernos e coidarnos:


Manu de 4º e Elena de 6º de infantil mándannos estes debuxos inspirados en Britto e a súa versión das bolboretas de papel:





Carmen e Pablo achégannos unha pequena selección do que estiveron facendo estes días (parece ser que foi aínda moito máis) 😊










Iván Lado de 6ºA envíanos un emotivo debuxo:

Brais de Sexto de Infantil, tamén estivo ocupado estes días:




Rodrigo de primeiro fíxonos chegar estes magníficos traballos:




Manuel Outón, de segundo, fixo estes estupendos marcapáxinas:



Lara de 4º fainos chegar estes estupendos traballos








Breogán, tamén de 4º envíanos as súas obras,un debuxo propio e outro inspirado en Kandynski máis un tremendo traballo de collage con Pikachu:




Cibrán de 2º envíanos os seus debuxos e traballos de papiroflexia:






Seu irmán Xoan tamén estivo ocupado:



Xián de 3º mándanos este debuxo de formas e perspectiva con ceras brandas (ata o forrou!)

Anxo, tamén de 3º, fíxonos chegar as súas manualidades, atentos ó diorama da fervenza!





Lucía Luwei, de 5º seguiu o tutorial para crear unha Rosa dos Ventos con compás, regra e lapis. e quedoulle así de ben:


Lola Dosil de Infantil e maila súa nai fixeron un collage inspirado no libro Amar, de Palabras Aladas. Esta palabra é "esperanza".


Martina de Infantil creou un robot, chámase Olaf e é enorme!


Alba de Sexto quere mostrarnos os seus traballos, fixádevos especialmente no blow art con acuarelas e o mandala a tinta.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Bos días a tod@s. Agardo que sigades ben e que as propostas de arts vos estean a parecer divertidas. Hoxe tráiovos ideas sacadas da web do...