Bos días a tod@s.
Quería facervos unha proposta que considero importante nestes días.
Sabedes tod@s que na situación na que estamos hai moitas profesións que se están xogando a saúde para coidarnos. Médic@s, enfermeir@s, traballador@s de supermercados e tendas de alimentación, farmacéutic@s, transportist@s, corpos de seguridade...
Por que non pensamos a que profesionais queremos agradecerlle o seu esforzo estes días, facemos debuxos dalgunhas delas e escribimos un pouquiño por que nos parecen importantes?
Cando poidamos volver ó cole faremos un mural de homenaxe a tod@s el@s para agradecerlle o esforzo que fan por nós.
Apertas para tod@s. Adrián.
lunes, 16 de marzo de 2020
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Bos días a tod@s. Agardo que sigades ben e que as propostas de arts vos estean a parecer divertidas. Hoxe tráiovos ideas sacadas da web do...

-
O MoMA (Museum of Modern Art) é unha das institucións relacionadas co arte moderno máis prestixiosas do mundo. Está cheo de obras dos ...
-
Bo día a tod@s, déixovos un link que me gustou tanto que o poño no corpo principal do blog para que o vexades mellor. É un xogo de pin...
-
Bos días a tod@s. Hoxe quero adicar a entrada aos máis pequenos. Quero explicarvos un pouco o que facemos en plástica nas aulas de infanti...
No hay comentarios:
Publicar un comentario