martes, 17 de marzo de 2020

Bos días a tod@s.

Hoxe quero adicar a entrada aos máis pequenos. Quero explicarvos un pouco o que facemos en plástica nas aulas de infantil por se queredes continualo na casa.

A metodoloxía que sigo c@s máis peques é moi libre. Na miña experiencia as súas ideas son mellores que as miñas ;) así que o que adoitamos facer é darlles material diverso (na aula faise por recunchos) para que el@s se movan libremente pola aula e experimenten.

Algúns exemplos:

Mesa de manipulación, con plastilina e ferramentas. Ás veces deixo un par de modelos a imitar (un gato, un caracol, unha cesta de ovos...), outras fano libremente.

Mesa de collage: con tesoiras, pegamento, trozos de cartolina de cores, páxinas de revistas, trozos de papel de agasallo... Para que recorten e peguen as súas composicións.

Cabaletes de pintura (pódese facer nunha mesa perfectamente) Se tedes papel contínuo ou folios A3, o gran formato gústalles moito, podedes usar pintura de dedos, témperas, acrílico, acuarela...
Se queredes darlle unha idea de que pintar, podedes, pero como comentei antes, creo que as súas mellores producións son as libres. Seguro que vos sorprenden!

Creación de minimundos:

Os bloques de construción e as figuras de animais, persoas, etc son materiais adecuados para isto.
Se tedes a sorte de ter finca, os mellores materiais son os naturais (pedras, poliñas, cortiza, piñas...)
Para evitar moito desorde, podedes utilizar se tedes unha caixa de madeira, unha bandexa grande con borde alto, etc para crear dentro o noso minimundo.
Podedes usar area, serrín, grava, etc para o solo.

Temas para a creación poden ser a granxa, a cidade, os diferentes ecosistemas (bosque, deserto, xungla, ártico...)

Papiroflexia:

Encántalles, pero a maioría de modelos de papel son bastante complicados para el@s. De todas maneiras, sempre poden decorar o papel co que vaiades traballas con rotuladores, ceras, pegatinas, acuarela... e despois facerlle vós a figura.
Dito isto, @s nen@s de 5 anos xa son bastante capaces de dobrar el@s mesm@s as figuras sinxelas. Moit@s poden perfectamente facer un barco ou un avión.

Agardo tervos axudado algo con estas ideas.

Apertas, Adrián.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Bos días a tod@s. Agardo que sigades ben e que as propostas de arts vos estean a parecer divertidas. Hoxe tráiovos ideas sacadas da web do...