martes, 17 de marzo de 2020

Bos días a tod@s.

Hoxe quero adicar a entrada aos máis pequenos. Quero explicarvos un pouco o que facemos en plástica nas aulas de infantil por se queredes continualo na casa.

A metodoloxía que sigo c@s máis peques é moi libre. Na miña experiencia as súas ideas son mellores que as miñas ;) así que o que adoitamos facer é darlles material diverso (na aula faise por recunchos) para que el@s se movan libremente pola aula e experimenten.

Algúns exemplos:

Mesa de manipulación, con plastilina e ferramentas. Ás veces deixo un par de modelos a imitar (un gato, un caracol, unha cesta de ovos...), outras fano libremente.

Mesa de collage: con tesoiras, pegamento, trozos de cartolina de cores, páxinas de revistas, trozos de papel de agasallo... Para que recorten e peguen as súas composicións.

Cabaletes de pintura (pódese facer nunha mesa perfectamente) Se tedes papel contínuo ou folios A3, o gran formato gústalles moito, podedes usar pintura de dedos, témperas, acrílico, acuarela...
Se queredes darlle unha idea de que pintar, podedes, pero como comentei antes, creo que as súas mellores producións son as libres. Seguro que vos sorprenden!

Creación de minimundos:

Os bloques de construción e as figuras de animais, persoas, etc son materiais adecuados para isto.
Se tedes a sorte de ter finca, os mellores materiais son os naturais (pedras, poliñas, cortiza, piñas...)
Para evitar moito desorde, podedes utilizar se tedes unha caixa de madeira, unha bandexa grande con borde alto, etc para crear dentro o noso minimundo.
Podedes usar area, serrín, grava, etc para o solo.

Temas para a creación poden ser a granxa, a cidade, os diferentes ecosistemas (bosque, deserto, xungla, ártico...)

Papiroflexia:

Encántalles, pero a maioría de modelos de papel son bastante complicados para el@s. De todas maneiras, sempre poden decorar o papel co que vaiades traballas con rotuladores, ceras, pegatinas, acuarela... e despois facerlle vós a figura.
Dito isto, @s nen@s de 5 anos xa son bastante capaces de dobrar el@s mesm@s as figuras sinxelas. Moit@s poden perfectamente facer un barco ou un avión.

Agardo tervos axudado algo con estas ideas.

Apertas, Adrián.

lunes, 16 de marzo de 2020

Bos días a tod@s.

Pásovos unha ligazón a unha canle de manualidades moi boa de Youtube. Este só é un vídeo de exemplo pero teñen moitos, e cheos de ideas!

https://www.youtube.com/watch?reload=9&v=Uc6UhH1rmUY
Bos días a tod@s.

Quería facervos unha proposta que considero importante nestes días.

Sabedes tod@s que na situación na que estamos hai moitas profesións que se están xogando a saúde para coidarnos. Médic@s, enfermeir@s, traballador@s de supermercados e tendas de alimentación, farmacéutic@s, transportist@s, corpos de seguridade...

Por que non pensamos a que profesionais queremos agradecerlle o seu esforzo estes días, facemos debuxos dalgunhas delas e escribimos un pouquiño por que nos parecen importantes?

Cando poidamos volver ó cole faremos un mural de homenaxe a tod@s el@s para agradecerlle o esforzo que fan por nós.

Apertas para tod@s. Adrián.


domingo, 15 de marzo de 2020

Boas a tod@s e benvid@s á sección de Arts & Crafts.

Dende este blog tentaremos continuar coa maior normalidade posible na situación que estamos vivindo.

Sentidiño e quedade na casa todo o que poidades. Xa pasará. Mentres tanto, tentarei ir dándovos ideas para que non vos aburrades moito.

Na columna da dereita, en "propostas de traballo" tedes diferentes actividades que podedes probar, irase ampliando co tempo.

Para calquera dúbida ou pregunta, podedes poñervos en contacto en artsoutes@gmail.com

Todo o meu cariño, Adrián.

Bos días a tod@s. Agardo que sigades ben e que as propostas de arts vos estean a parecer divertidas. Hoxe tráiovos ideas sacadas da web do...